Friday 17 de May de 2024

EEI A Capela conmemora o 25N


No marco do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, a comunidade educativa da EEI A Capela-Carreira organizou a visita da contacontos Raquel

Queizás, quen presentou a obra Somos Iguais. Contos Pola Igualdade.
Co propósito de transmitir unha mensaxe de respecto, igualdade e empatía, organizouseesta iniciativa; cuxo obxectivo é o de sensibilizar e concienciar sobre a importancia de erradicar a violencia de xénero en tódalas súas formas.

Esta actividade, pensada para disfrutar en familia, forma parte dun proxecto presentadoeste curso e que ten como finalidade potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero. xunto con outras iniciativas,

O proxecto, presentado pola ANPA A Guia de Carreira, está financiado pola Secretaria Xeral de Igualdade con fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.